Jennifer Senick, Nick Pearce e Adina Dumitru inauguran o “I ciclo de conferencias do Campus da Sustentabilidade”


Triptico Web [Campus Sostenibilidade GA]

o 15 de maio de 2018, o Campus da Sustentabilidade da Coruña inicia un ciclo de conferencias coa participación de especialistas internacionais en diferentes áreas de coñecemento que teñen relación coa sustentabilidade.

Estas expertas e expertos coordinan centros de investigación e transferencia especializados e proxectos ou programas de investigación de grande envergadura e altamente interdisciplinares, que teñen testado modelos e produtos de transferencia de alto valor engadido para diferentes sectores sociais e empresariais.

PROGRAMA DO CICLO DE CONFERENCIAS

15 de maio de 2017, Paraninfo da Universidade, Rúa Maestranza, 9, A Coruña

09:30 h Benvida

10:00 h O Campus de Sustentabilidade e as súas prioridades
Julio Abalde, Reitor da Universidade da Coruña.

10:20. Jennifer Senick: “Modelos de comportamento e planificación sustentable para cidades saudables”

Jennifer Senick é Directora Executiva do Rutgers Center for Green Building na Edward J. Bloustein School of Urban Planning and Policy Development da Universidade de Rutgers (Estados Unidos). É experta nas áreas de desenvolvemento sustentable, na construción verde, no comportamento ambiental e nas tendencias na adopción e uso da tecnoloxía e de enfoques multidisciplinares na investigación e na avaliación do rendemento dos edificios. Forma parte de Environmental Design Research Association (EDRA), copreside a Sustainable Planning Design and Behavior Network e coordina a International Health Planning and Impact Assessment Initiatives da American Planning Association (APA). Imparte cursos en construción verde, planificación ámbiental e saúde e economía urbana.

10:50. Nick Pearce: “Investigación e políticas para o ben común: unha ollada dende o Reino Unido”

Nick Pearce é Profesor de Política Pública e Director do Institute for Policy Research da Universidade de Bath. Foi director de UK progressive think-tank, IPPR (2010-2015). Entre 2008 e 2010 foi responsable da No10 Downing St. Policy Unit, encargado do asesoramento político do primeiro ministro británico. Dirixe investigacións sobre a reforma comparativa do estado de benestar, a política británica e a teoría e práctica democráticas. O seu último libro é Shadows of Empire: the Anglosphere in British Politics.

11:20. Adina Dumitru: “Cambiando estilos de vida e comunidades: dinámicas psicolóxicas e sociais nas transicións cara a sustentabilidade”

Adina Dumitru é Directora do Campus da Sustentabilidade e investigadora Sénior da Universidade da Coruña. A súa investigación céntrase nas dimensións psicolóxicas do cambio de estilo de vida sustentable, a relación entre estilos de vida e benestar, e na psicoloxía da innovación social, o empoderamento e a cohesión social. Lidera a participación da UDC en diferentes proxectos europeos do H2020 de grande escala, como son o Connecting Nature, Smartees e Transit. Previamente, xunto co profesor Ricardo García Mira, traballou como coordinadora científica no proxecto europeo Glamurs e Locaw. Foi profesora asistente de Psicoloxía Social na Universidade de Timisoara (Romanía) e ten o MA in Political Science da Washington State University como Fulbright Junior Scholar

DESCARGAR TRÍPTICO AQUI 

A Universidade da Coruña está en pleno proceso de especialización dos seus campus. Logo de acadar a especialización de Ferrol como Campus Industrial, trabállase na definición do Campus da Sustentabilidade e Campus Innova para implantalos este ano.
Campus da Sustentabilidade, que se presentará antes do verán, centrarase en diferentes áreas: na área de urbanismo, paisaxe e territorio por un banda; na sustentabilidade social e económica e na vida saudable. No Campus da Sustentabilidade destaca unha primeira liña de especialización, Urbanismo, paisaxe e territorio baseada en áreas de coñecemento vinculadas ao territorio, a paisaxe, o medio ambiente e enxeñaría ambiental.

En segundo lugar destaca a liña da Sustentabilidade e innovación social, que incluiría os ámbitos da persoa, dependencia, inclusión social, a responsabilidade e innovación social e o envellecemento activo, unha área de grande interese para a sociedade para o cal a UDC pretende afrontar programas innovadores e funcionais.

En terceiro lugar, destaca a Sustentabilidade Económica na que destaca a economía verde, a xestión do cambio climático, a eficiencia enerxética, o uso dos recursos naturais e o transporte sustentable. Na cuarta área, Vida saudable está ubicada a vida saudable e o deporte.


Copyright 2012 © People-Environment Research Group