GLAMURS: Conectando a investigación empírica con diferentes marcos de modelado.

Previamente á nosa primeira reunión dos membros do consorcio GLAMURS en Roma entre os próximos 1 e 3 de Outubro, unha nova reunión tivo lugar en Bath do 17 ao 18 de xullo pasado. Esta reunión, organizada pola Universidade de Bath, centroua atención no bo inicio dos traballos de colaboración, a definición dos aspectos específicos da modelización e tamén a conexión da investigación empírica e a proxección cara ao futuro.

A Universidade de Bath acolleu o evento baixo o obxectivo de discutir os principios de integración da Teoría Psicolóxica e a Economía do Comportamento para ter unha visión máis complexa dos factores que inflúen nas decisións que forman parte do noso estilo de vida e que teñen impacto ambiental. Presentouse o estado da cuestión na investigación psicolóxica sobre os determinantes dos estilos de vida sostibles, os principios do modelado baseado en axentes, así como os modelos macroeconómicos que estarán presentes en GLAMURS.

Traballar na interacción entre a teoría psicolóxica e a microeconomía permítenos conectar a análise a niveis micro-meso-e macro, estabelecer un diálogo entre a investigación empírica e os distintos tipos de modelos e avanza na reflexión sobre como os nosos diferentes marcos traballarán xuntos no proxecto.

Froito da reunión, estabelecéronse os chanzos para o modelo de preferencias e outras medidas no desenvolvemento dunha Teoría do Cambio de Estilo de Vida; a forma en que traballar cos datos empíricos así como cales son as relacións entre o modelado e o traballo empírico. Acordos todos que buscan a construción  dunha perspectiva conxunta da modelización macroeconómica e o traballo sobre escenarios para unha economía verde que teña relevancia para o avance das recomendacións teóricas e de política no eido da transformación dos sistemas económicos europeos.


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente