O profesor Ricardo García Mira elixido presidente da Asociación Internacional para os Estudos da Persoa-Ambiente.

A 23 Conferencia de IAPS foi tamén o punto de arranque da Presidencia de IAPS por parte do profesor García Mira, quen xa resultara escollido por unanimidade do Consello de Dirección para dita responsabilidade durante o peridodo 2014-2018. No seu discurso inaugural, e como novo presidente, comprometeuse ante os membros de IAPS asistentes á Reunión Anual Ordinaria a impulsar una maior conexión de IAPS cos órganos internacionis que son responsables da xestión da investigación e innovación, consolidando IAPS como corpo de expertos no eido dos estudos sobre a relación das persoas e o medio ambiente. Do mesmo xeito, anunciou que reforzará a expansión de IAPS no contexto internacional no que opera e integrará criterios sostibles de xestión da organización nos aspectos organizacionais, sociais e económicos. García Mira aproveitou tamén a ocasión para felicitar aos membros do Consello saínte polo traballo realizado e convidou aos membros reelixidos e aos de recentes incorporación a traballar dura e coordinadamente neste emocionante proxecto.


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente