O grupo de investigación Persoa-Ambiente organiza en Xuño o Seminario “Universidades en transición cara a sostenibilidade”.

O pasado día 4 de Xuño a Universidade da Coruña acolleu o Seminario “Universidades en Transición Cara a Sustentabilidade”  ocasión para afondar nos debates sobre a sustentabilidade e as transicións cara a modelos relacionais e de vida que respondan mellor aos criterios ecolóxico e de responsabilidade social e ao que asistiron unas cincuenta persoas e cargos de responsabilidade provintes do mundo académico, sociedade civil e estudantado so o obxectivo de promover e aumentar a eficacia das políticas medioambientais universitarias.

Durante o día,  dende o Grupo de Investigación Persoa-Ambiente, dinamizouse un diálogo entre os avances que se veñen facendo no mundo académico e os que están a acontecer na sociedade civil organizada, onde multitude de iniciativas de participación cidadá apuntan que a necesidade de traballar pola consecución dunha sociedade máis sostible está xa amplamente espallada e é para moitas unha motivación.

Analizáronse primeiro os retos e posibilidades para a redución de emisións nos contextos de traballo. Nestas temáticas o Grupo de Investigación Persoa-Ambiente presentou os resultados e experiencia froito do proxecto LOCAW, finalizado o pasado decembro de 2013. Convidouse á discusión sobre aqueles aspectos que son incorporables na planificación universitaria e no deseño das súas políticas medioambientais.

En segundo lugar, o Seminario acolleu outras investigacións que se desenvolven actualmente no grupo e que están tamén vencelladas á análise dos comportamentos sociais e ambientais dende disciplinas tan diversas como a Socioloxía, a Arquitectura, a Psicoloxía Aplicada e a Educación Ambiental.

Finalmente, presentáronse os novos proxectos do grupo. A día de hoxe o equipo está inmerso en desenvolver varias liñas de traballo  sobre estilos de vida sustentable e economía verde. O primeiro dos proxectos, está coordinado polo grupo de investigación como parte do consorcio europeo GLAMURS. O segundo, busca a elaboración dunha teoría sobre a Innovación Social Transformadora. Ámbolos dous, esixen afinar no eido da participación social e na produción conxunta de coñecemento con entidades de crédito, cooperativas de consumo, entre outras e tentar crear sinerxías neste camiño cara a sustentabilidade social.


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente