A transición enerxética en Europa

O Coordinador do proxecto GLAMURS, o Prof. Ricardo García Mira, viaxará o luns a Roma para participar como ponente invitado no seminario internacional “MILESECURE-2050”, onde se unirá a outros expertos europeos para abordar cómo as sociedades europeas afrontarán a transición enerxética a partir de 2020.O Profesor García Mira incidirá sobre os factores de cambio nos estilos de vida e as dimensións psicosociais e socioeconómicas asociadas que se abordan na estratexia de investigación do proxecto GLAMURS (www.glamurs.eu).

O proxecto MILESECURE-2050 persigue unha maior comprensión dos factores sociais, económicos e políticos que facilitan ou dificultan a reducción do consumo de combustibles fósiles, a diversificación do equilibrio enerxético a precios que garantan a seguridade enerxética europea no horizonte do 2050, e a reducción da ameaza do cambio climático.

O proxecto está coordinado polo Instituto Politécnico de Turin (Italia) baixo os auspicios da Comisión Europea e a Axencia Italiana para as Novas Tecnoloxías, Enerxía e Desenvolvemento Económico Sustentable, e terá lugar en Roma do 17 ao 18 de Febreiro.

Más información en: http://www.milesecure2050.eu/events/en/2014/12/04/readabout/rome-international-conference


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente