Entrevista ao Grupo de Investigación Persona-Ambiente en Cuac FM, no Día da Ciencia na Rúa


Dia Ciencia na Rúa

Adina Dumitru e Ricardo García Mira, investigadores do grupo Persona-Ambiente da Universidade da Coruña, xunto coa Concelleira de Medio Ambiente da Coruña, María García, participaron o pasado sábado 5 de maio no programa especial da emisora Cuac FM adicado á ciencia como ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas e dos ecosistemas. Este programa enmarcase nas actividades de celebración do Día da Ciencia na Rúa 2018, que acolleu a case 15.000 visitantes o pasado sábado.

Dumitru, Gómez e García Mira aproveitaron a entrevista para presentar o Simposio Europeo “Horizon 2020 european dialogue and clustering action transforming cities, enhancing wellbeing: innovating with nature-based solutions”, que se celebrarán na Coruña el 16-18 maio, dentro do proxecto de innovacion  CONNECTING NATURE, coordinado en España polo noso grupo.

Este  simposio reunirá a máis de 160 participantes expertos no ámbito da planificación e deseño sostenibles de infraestruturas verdes e solucións baseadas na natureza, achegados dos principais centros de investigación de innovación en Europa e Estados Unidos, así como pequenas e medianas empresas que desenvolven infraestruturas verdes. Co fin de escoitar e debater sobre a aplicación real destas solucións no contexto urbano, participarán tamén unha selección de cidades e rexións europeas e asiáticas que son pioneiras na implementación de solucións baseadas na natureza.

En palabras de Adina Dumitru, o Grupo Persona-Ambiente está a liderar dentro de Connecting Nature o parquete de traballo adicado “á innovación na medición do impacto das infraestruturas verdes nas cidades”, non só en termos de redución de emisións de CO2 ou no enverdecemento das contornas urbanas, máis tamén “en termos de impacto sobre a calidade de vida, o benestar, a saúde das personas ou a cohesión social”, que son abordados dende as aproximacións psicolóxicas e sociais.

A conversa serviu para tamén destacar a contribución que as ciencias sociais, como a psicoloxía ou a educación, xogan á hora de promover políticas sustentábeis dende un punto de vista social e ambiental. Neste senso, os investigadores destacan a importancia da transferencia do coñecemento científico á sociedade e ás políticas públicas: “A ciencia debe estar ao servizo da sociedade e debe axudar a deseñar políticas máis eficaces e con maior impacto sobre a cidadanía” apunta García Mira.

A entrevista pode escoitarse a partir do minuto 27 no Podcast:

https://cuacfm.org/radioco/programmes/dia-da-ciencia-na-rua/6×1/


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente