Inauguración do Simposio Internacional #Transforming Cities 18 na Coruña


IMG_20180516_085857808

Máis de 180 expertos internacionais en solucións baseadas na natureza reúnense na Coruña dende o 16 de maio para participar no Simposio Internacional “Transformar cidades, mellorar o benestar: innovar con solucións baseadas na naturaleza” organizado polo Grupo de Investigación Persona-Ambiente da UDC

  •  O reitor da UDC, Julio Abalde, a Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato e o Alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, inaugurarán o simposio, xunto cos organizadores, Adina Dumitru e Ricardo García Mira. 
  • • Entre os relatores figuran representantes da Comisión Europa, o Fondo Europeo de Investimentos, a Axencia Ambiental Europea ou expertos como Jeniffer Senick (USA), David Maddox (USA) ou Nick Pearce (UK)
  • • Máis de 20 ciudades presentarán as súas experiencias para a mellora da calidade de vida da cidadanía a través da posta en marcha de infraestructuras verdes e solucións baseadas na Natureza. Representantes de Paris, Londres, Copenhaguen ou Bolonia compartirán experiencias coa Coruña ou Santiago de Compostela. 
  • • As sesións plenarias das mañás do 16, 17 e 18 de maio están abertas gratuitamente ao público e contarán con traducción simultánea Inglés-Galego.

 A sede da Fundación Barrié da Coruña acollerá os vindeiros 16, 17 e 18 de maio de 2018, o Simposio Europeo “Transformar cidades, mellorar o benestar: innovar con solucións baseadas na natureza”. Máis de 180 expertos chegados de Europa, Estados Unidos ou Asia participarán neste evento, promovido polo Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña, e coordinado por Adina Dumitru, Directora do Campus da Sustentabilidade da UDC, e o catedrático Ricardo García Mira. O simposio conta coa colaboración do Concello da Coruña, a Fundación Barrié e o Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoan Vicente Viqueira. 

O simposio #transforming cities 18 reunirá a máis de 180 participantes expertos no campo da planificación sustentable e o deseño de infraestructuras verdes e solucións baseadas na natureza dos principais centros de investigación de innovación de Europa e Estados Unidos, empresas pequenas, medianas e grandes, e unha selección de cidades e rexións europeas e asiáticas pioneiras na implementación de solucións baseadas na natureza. O contenido deste Simposio Internacional versará sobre tres temáticas principais:

1) Urbanización sustentable en cidades e restauración de ecosistemas urbanos degradados;

2) avaliación robusta dos impactos das solucións baseadas na natureza que informen as políticas urbanas, e

3) Novos modelos de gobernanza e financiamento para solucións innovadoras baseadas na natureza.

A Axenda do simposio está publicada no enlace http://www.people-environment-udc.org/transforming-cities-enhancing-wellbeing/

Inauguración do simposio: Mércores, 16 ás 8:45, Auditorio da Fundación Barrié

O acto inaugural terá lugar o mércores, 16 de maio ás 8:45 horas. Na inauguración do simposio participarán o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o Subdirector Xeral de Medio Natural, do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Aymerich, a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o Presidente da Asociación Internacional Persoa-Ambiente, Ricardo Garcia-Mira, e a Directora do Campus de Especialización en Sustentabilidade, Adina Dumitru.

Clausura: venres 18 ás 15:00 horas, Auditorio da Fundación Barrié

O simposio será clausurado polo Presidente da Comisión de Cambio Climático do Parlamento, José Juan Díaz Trillo, o ex Director Xeral da Comisión Europea para Investigación e Innovación, José Manuel Silva, a concelleira de medio ambiente do Concello da Coruña, María García, o profesor da Universidade da Coruña e Presidente da Asociación Internacional IAPS, Ricardo García Mira, e Adina Dumitru, Directora do Campus de Sustentabilidade da UDC.

Relatores destacados

Entre los relatores destacados atópanse Josefina Enfedaque, DG Investigación e Innovación da Comisión Europea, Ariana Nastaseanu, Axencia Executiva para as Pequenas e Medianas Empresas (EASME), Giovanni Fini, Concello de Bolonia, Adina Dumitru, Universidade da Coruña, Ricardo García-Mira, Universidade da Coruña, Nikolaos Nikolaidis, Universidade Técnica de Creta, Denia Kolokotsa, Universidade Técnica de Creta, Nick Pearce, Universidade de Bath, Marcus Collier, Trinity College Dublín, David Maddox, The City of Nature, Gillian Dick, Concello de Glasgow, Andreas Littkopf, Axencia Ambiental de Austria, Jennifer Senick, Rutgers Center for Green Building, Julie Barnett, University of Bath, Kate Reilly, UICN-Unión Internacional para a Conservación da Natureza, Clare Twigger-Ross, Collingwood Environmental Planning, Siobhan McQuaid, Trinity College Dublín, Jean-Marc Tacnet, IRSTEA, Niki Frantzeskaki, Erasmus University Rotterdam, Alice Reil, ICLEI-Europe, Katrien van de Sijpe, Concello de Genk ou Marino Cavallo, Cidade Metropolitana de Bolonia.

Institucións, centros de investigación e cidades participantes

Entre os participantes haberá representantes da Comisión Europa, o Fondo Europeo de Investimentos, a UICN-Unión Internacional para a Conservación da Natureza, a Axencia Europea de Medio Ambiente, Brasil-Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía, Innovación e Comunicación, a Asociación Europea de Dragado-EuDA, a Plataforma Europea de Tecnoloxía da Construcción (ECTP), a Axencia Sueca de Protección Ambiental, WWF-Suiza, entre outros.

Ademais, varios proxectos de investigación financiados pola UE, como CONNECTING NATURE, THINK NATURE, Urban GreenUP, GROWGREEN, UNALAB, PHUSICOS, ISOCARP y NAIAD presentarán as súas innovadoras propostas para o deseño e a avaliación de solucións urbanas baseadas na natureza.

A rede ICLEI-Gobiernos Locales para a Sustentabilidade e unha selección de cidades europeas, pioneiras na implementación de solucións baseadas na natureza, presentarán as súas experiencias e desafíos no deseño e financiamiento de infraestructuras ecolóxicas. Entre estas: A Coruña, Glasgow, Londres, Paris, Copenhague, Genk, Poznan, Nicosia, Bolonia, Ioanina, Málaga, Tampere, Karlova Ves-Bratislava, Regensburg, Stavanger, Tbilisi, Sarajevo-Bosnia & Herzegovina, Praga, Cidade Metropolitana de Bolonia, Vitoria-Gasteiz ou Santiago de Compostela.

Iniciativas empresariais e infraestructuras verdes urbanas

Unha selección de pequenas e medias empresas de toda Europa presentarán as súas experiencias na implementación de solucións ou productos innovadores e orientados a aumentar a resiliencia urbana. Profesionais do campo do paisaxismo, a planificación urbana, a xestión de recursos naturais ou a edificación sustentable debatirán con expertos e xestores públicos as maneiras máis eficientes de medir e avaliar o impacto ecolóxico e social das solucións baseadas na natureza. Entre estas empresas figuran: BioAzu, Osmos, SUDS- Atlantis, Geographic, alchemia-nova, GmbH, ARUP, Terapia Urbana, Oppla, Helix Pflanzen GmbH, I-CATALIST, Institute for Advanced Architecture of Catalonia, García Mateo / Architecture Planning


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente