O Sábado 28 de Febreiro e aproveitando a presenza de varios dos investigadores do Consorcio Europeo Glamurs, visitamos unha das iniciativas que o Equipo da UDC estudará dentro do Proxecto.  A ONG Equus Zebra, www.equuszebra.es/es/, adícase á integración e atención a inmigración na cidade herculina, pero é tamén unha iniciativa de reciclaxe de roupa e consumo sostible. O día 28, Victor Omgba, o seu presidente, nos explicou o funcionamento e actividades desta iniciativa e nos mostrou o día a día na sede central da ONG na Coruña, no barrio da Agra.

O día 25 de Febreiro a Universidade da Coruña acolleu o obradoiro internacional “Back-casting scenario development”, sobre desenvolvemento de escenarios participativos, na sede do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente e baixo a dirección do Prof. Ricardo García Mira, da Universidade da Coruña.

Este obradoiro constitúe a ferramenta principal a través da que este grupo de investigadores coordina e prové a formación especializada necesaria aos investigadores do consorcio europeo GLAMURS (Estilos de Vida Sustentable e Economía Verde) para o desenvolvemento dos escenarios de participación coas iniciativas de estilos de vida sustentable coas que traballan desde Xaneiro de 2014, ano en que se iniciou o desenvolvemento deste proxecto, coordinado desde a UDC, e no que participan 11 universidades europeas, baixo o patrocinio do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea.

Ademáis dos investigadores integrados no consorcio como membros da UDC, este obradoiro internacional contou tamén con investigadores que viñeron desde Escocia, Austria, Romanía, Alemaña, Italia, Portugal e Holanda. Uníronse tamén algúns investigadores a través do sistema de teleconferencia de que dispón o grupo desde Leipzig (Instituto Helmoltz) e Magdeburg (Universidade de Magdeburg) en Alemaña.

O Coordinador do proxecto GLAMURS, o Prof. Ricardo García Mira, viaxará o luns a Roma para participar como ponente invitado no seminario internacional “MILESECURE-2050”, onde se unirá a outros expertos europeos para abordar cómo as sociedades europeas afrontarán a transición enerxética a partir de 2020.O Profesor García Mira incidirá sobre os factores de cambio nos estilos de vida e as dimensións psicosociais e socioeconómicas asociadas que se abordan na estratexia de investigación do proxecto GLAMURS (www.glamurs.eu).

O proxecto MILESECURE-2050 persigue unha maior comprensión dos factores sociais, económicos e políticos que facilitan ou dificultan a reducción do consumo de combustibles fósiles, a diversificación do equilibrio enerxético a precios que garantan a seguridade enerxética europea no horizonte do 2050, e a reducción da ameaza do cambio climático.

O proxecto está coordinado polo Instituto Politécnico de Turin (Italia) baixo os auspicios da Comisión Europea e a Axencia Italiana para as Novas Tecnoloxías, Enerxía e Desenvolvemento Económico Sustentable, e terá lugar en Roma do 17 ao 18 de Febreiro.

Más información en: http://www.milesecure2050.eu/events/en/2014/12/04/readabout/rome-international-conference

Para máis información, visita a website do DRIFT: www.drift.eur.nl/?p=9091

Para acceder o informe/actas do obradoiro, preme aquí: www.people-environment-udc.org/wp-content/uploads/2015/02/Proceedings_Pressure_Cooker_Workshop.pdf

Do 24 o 29 de Xunio 2012 tivo lugar en Glasgow o 22º Congreso da AIEP (Asociación Internacional para o Estudo da relación entre Persoas e o Medio), o que asistiron 4 membros do noso grupo de investigación, que participaron en 3 symposia, dos cales 2 de eles foron promovidos por nos.

Leer más»

Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente