Amparo Casares Gallego


Amparo Casares Gallego, é Doutora en Arquitectura e Profesora Contratada Doutora no Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura, Universidade da Coruña. Actualmente desempeña o cargo de Subdirectora da ETS de Arquitectura.

Os seus intereses de investigación volcáronse nos proxectos sobre “Formas Alternativas de agrupacións urbanas e vivendas colectivas” e o estudio de “As carballeiras como patrimonio a conservar”.

Realizóu o Plan Director e de Protección dos Cruceiros de Galicia, o Catálogo completo de Cruces, Cruceiros e Petos de Ánimas de Galicia, e o inventario e catálogo das carballeiras dos municipios do “Camiño Francés” en Galicia, entre outros traballos de investigación.

Colaborou coa Administración da Xunta de Galicia como representante da Escola Técnica Superior de Arquitectura no Grupo de Traballo sobre Habitabilidade, da Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, para a revisión da normativa de vivenda (2006).

Impartiu conferencias por invitación en distintas universidades e organizaciones sobre distintos aspectos da vivenda e condicións de habitabilidade. Recibíu varios premios nacionais e mencións internacionais polo seu traballo.

Entre as publicacións máis relevantes:

  • Quiroga Calviño, J.R.;Casares Gallego, A. & Míguez Suárez, V.L.(1997). Ensayos tecnológicos. En J.R. Quiroga Calviño (Dir.). La piedra en Galicia (pp. 89-109). Santiago de Compostela, SP: Xunta de Galicia. ISBN: 84-453-2037-8.
  • Quiroga Calviño, J.R.;Casares Gallego, A. & Míguez Suárez, V.L.(1997). Acabados. En J.R. Quiroga Calviño (Dir.). La piedra en Galicia (pp. 110-319), Santiago de Compostela, SP: Xunta de Galicia. ISBN: 84-453-2037-8.
  • Quiroga Calviño, J.R.;Casares Gallego, A. & Míguez Suárez, V.L.(1997). Directorios. En J.R. Quiroga Calviño (Dir.). La piedra en Galicia (pp. 110-319),. Santiago de Compostela, SP: Xunta de Galicia. ISBN: 84-453-2037-8.
  • Casares Gallego, A. (2004). Pascuala Campos de Michelena. En: Artistas Galegos. Arquitectos cara ao novo milenio (pp. 78-109). Vigo, SP: Nova Galicia Edicións. ISBN: 84-96293-54-8.
  • Casares Gallego, A. (2008). As carballeiras en Galicia: un patrimonio para conservarmos. Santiago de Compostela, SP: Xunta de Galicia. ISBN: 987-84-453-4623-8

Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente