Helena Martínez Cabrera


Licenciada en Ciencias Políticas e da Adminstración pola Universidade Pompeu Fabra en Barcelona e cun Máster en Mediación Comunitaria e Políticas Sociais no Instituto de Goberno e Políticas Sociais da mesma cidade, ten centrado os seus traballos no eido da participación política; tanto nos discursos xerados por diferentes movementos sociais, as motivacións dos seus participantes, a implicación xuvenil en organizacións políticas non convencionais pre e post 15-M, así coma no estudo da natureza de diferentes vagas de mobilización política.

Comeza traballando na elaboración do “Informe sobre o estado da democracia en Cataluña 2010″, cartografiando mudanzas na política contenciosa dos movementos sociais cataláns na primeira década do século XXI. Pasa logo a colaborar asiduamente no Centro de Estudos sobre Movementos Sociais, situado na UPF e vencellado á Cátedra Unesco de Estudos Interculturais. En 2011 intégrase nun grupo de investigación emerxente sobre motivacións xuvenís para a participación en organizacións políticas non convencionais. Desenvolve en 2012 unha investigación cualitativa dentro do mesmo equipo comparando discursos das organizacións feministas catalanas entre a década dos 60-80 e dos 80 á actualidade. En 2013 entra en contacto co equipo de investigación Persoa-Ambiente radicado na UDC da Coruña, cos que colabora nun proxecto sobre Cidades Intelixentes e Desenvolvemento Sostible.

Incorpórase en 2014 no proxecto europeo GLAMURS onde realiza tarefas como asistente de xestión. Planea inicia-los seus estudos de doutoramento na UDC, da man dun proxecto sobre desenvolvemento local e política forestal en Galicia.

É coautora dun libro de recente publicación así coma de media ducia de artigos e palestras científicas dentro da área das Ciencias Sociais. Ten colaborado na organización de eventos e xornadas de divulgación académica así como dirixido e participado en varias producións audiovisuais de difusión internacional. Comprometida cos movementos estudiantil e veciñal, centra agora a súa implicación social no cooperativismo e outras formas de economía social.

Publicacións recentes máis relevantes

  • Martínez, H.,(Dir.) y Cronovan Studio. El dret a Gaudí-R. Raons per a una reconquesta veïnal del Park Güell.(2013) Barcelona: Cronovan Studio.
  • Mir, J. (Coord.), Canut, M., Fernández, F., Fishman, R.M., Martínez, H., Nuño de la Rosa, J., Todó, V. y Villacampa, H.,(2013). Moviments socials i joves activistes. Una aproximació qualitativa de la participació de la joventut en organitzacions polítiques no convencional. Barcelona: Generalitat de Catalunya. Departament de Benestar Social i Família. Direcció General de Joventut.
  • Canut, M. y Martínez, H., .(2012) #ninguensrepresenta. Participació juvenil a organitzacions polítiques no-convencionals i moviments socials.Barcelona: 6º Congreso sobre Jóvenes y Sociedad en Europa y en el Mediterráneo.

Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente