Xaquín Pérez-Sindín López


Doutor en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Desde o ano 2012 traballa como profesor contratado na Gdansk University of Technology, Polonia, impartindo o curso de metodoloxía de investigación na Facultade de Económicas. Tamén ten impartido seminarios de socioloxía urbana e do desenvolvemento na Factultade de Arquitectura da mesma universidade.

Na súa tese doutoral, defendida en decembro de 2015, estuda as pautas de cambio urbano, económico e social dun pobo afectado por unha explotación mineira de carbón a ceo aberto, as súas consecuencias en termos de fluxos migratorios, conflictos comunitarios e de cohesión social. Por medio dunha metodoloxía mixta, o autor analiza a construción discursiva dos cambios acontecidos para así comparalos cunha análise de tipo obxectivista e cuantitativa. A tese ambiciona contribuir empírica e teóricamente a recentes debates arredor de proxectos de moi variada natureza que pola súa escala xigantesca teñen un gran impacto social, medioambiental e orzamentario e que habitualmente se coñecen co nome de megaprojects. Con especial atención a aqueles que conducen a importantes cambios de tipo socio-económico e territorial, como adoitan ser os relativos á minería e ao sector enerxético.

No verán de 2015 realizou unha estadía de investigación no departamento de socioloxía urbana e do medio ambiente de
Helmholtz-Zentrum für Umweltforschung UFZ , Leipzig, Alemaña, onde levou a cabo un traballo de campo co fin de comparar o proceso de restauración ambiental da rexión post-mineira situada ao sur da cidade de Leipzig e o caso estudado na súa tese. Este feito motivou o seu crecente interese nos estudos sobre restauración ambiental e, en particular, sobre participación pública, comunicación social e xestión de riscos medioambientais.

Entre o ano 2005 e 2010 participou nunha veintena de proxectos de investigación social aplicada no mundo da consultoría, tendo realizado traballo de campo tanto en España como Portugal. Entre marzo de 2010 e maio de 2011 traballou na sede da corporación americana Thomson Reuters en Polonia, onde a súa actividade investigadora se centrou na análise dos principais desenvolvementos económicos en paises de fala portuguesa, así como na redacción de titulares de prensa en inglés.

Publicacións

  • Pérez-Sindín López, X. (2016) Data analysis, secondary. [Encyclopedia entry] SAGE Encyclopedia of Communication Research Methods. Forthcoming.
  • Abella Vázquez, C., Rodríguez Losada, D., Pérez-Sindín López, X. (2010). “Efectos del cambio de orden de variables y categorías de respuesta en los resultados de una encuesta politíca“. Metodología de Encuestas, 12(1), pp. 7-27. ISSN: 1575-7803.
  • Pérez-Sindín López X. et al. (2008) “Como realizar un studio de Mercado” [How to conduct a market research]. Santiago de Compostela. C.E.E.I GALICIA, S.A. (BIC GALICIA). Legal deposit in progress.
  • Pérez-Sindín López, X (2013) “Estudio de caso sobre los determinantes del capital social en el ámbito local” in Crisis y Cambio: Propuestas desde la Sociologia, vol. 3, pp. 807-815. XI Acts of XI Congreso Español de Sociología. Madrid. ISBN: 978-84-697-0169-0.
  • Pérez-Sindín López, X. (2015). Megaproyectos y comunidad: impacto de un proyecto minero-eléctrico a gran escala desde una perspectiva sociológica. University of A Coruña. A Coruña. RUC. Tesis doctoral. Repositorio da Universidade da Coruña.
  • Pérez-Sindín López, X. (2013) “Unintended consequences of natural resources-based developments”. Sustainable Environments in a Changing Global Context: Identifying Opportunities for the Innovative Spaces and Practices in Contexts of Crisis. Book of Proceedings of IAPS International Network Symposium, A Coruña 25-28 June, pp. 202-204. ISBN 978-84-932694-3-2.
  • Pérez-Sindín López X. (2013). “Mega Mining: Three Decades Later: Evaluating Resilience and Long-term Consequences”. 11th Conference of European Sociological Association (ESA): Crisis, Critique and Change. Torino, Italy, 28 – 31 August 2013.
  • Pérez-Sindín López, X. (2011) “A inmigración na cidade da Coruña. Integración vs. Segregación residencial. Unha análise dos índices de segregación e condicións de habitabilidade”. University of A Coruña. A Coruña. RUC. Repositorio da Universidade da Coruña.
  • Pérez-Sindín López, X. (2011) Mobilidade residencial, determinante da participación comunitaria en Narón? Un estudo desde a perspectiva do capital social”. University of A Coruña. A Coruña. RUC. Repositorio da Universidade da Coruña.
  • Pérez-Sindín López X. (2016) Ignorance and governance of abandoned opencast coal mines. A cross national comparison. Zukunftsregion Mitteldeutschland – Vision 2050. SOMAK 2015. Sommerakademie der Kulturstiftung Hohenmölsen. Forthcoming
  • Pérez-Sindín López X. (2015) Local Social perception of a mining artificial lake in Spain. Conference paper accepted for the 12th Conference of the European Sociological Association 2015. Prague, Czech Republic, 25-28 August 2015.
  • Pérez-Sindín López X. (2015) Estudio de opinión sobre la creación de un lago minero. El caso de As Pontes. University of A Coruña. As Pontes (A Coruña). RUC. Repositorio da Universidade da Coruña.
  • Pérez-Sindín López, X. (2015). De mina a lago. Actores sociales y discurso. El caso de As Pontes (España) y comparación con el caso de Carmaux (Francia). University of A Coruña. As Pontes (A Coruña). RUC. Repositorio da Universidade da Coruña

Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente