GRADOPAISAXE

Dirixentes das Universidades da Coruña e de Santiago de Compostela presentaron esta semana o novo grado en Paisaxe, coordinado na Coruña pola profesora e membro do Grupo de Investigación Persona-Ambiente, Cristina García Fontán.

García Fontán explicou que este título, aínda que é único no Sistema Universitario Español, ten unha longa tradición noutros países como Portugal ou Francia con denominacións como Arquiectura da Paisaxe ou Paisaxismo, polo que o Grao que ofrecen a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela vén cubrir unha carencia de formación e de profesionais en España así como a establecer unha relación con resto de Europa.

A coordinadora do Grao, que se ofrecerá o vindeiro curso 2018-2019, detallou os contidos do plano de estudos que atende a unha complexidade derivada das competencias formativas que acadarán os titulados que serán de actuacións estéticas, produtivas ou restauradoras. Integra disciplinas como urbanismo, topografía, arquitectura, medio ambiente, botánica, edafoloxía, arte, economía, socioloxía, etc.

O grao terá 240 créditos en catro anos, dos que os dous primeiros impartiranse na EPS de Lugo e os outros dous na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. As prácticas externas serán obrigatorias e, segundo adiantou García Fontán, hai xa unha listaxe de entidades e empresas interesadas en acoller a estes alumnos en prácticas. No desenvolvemento deste título está implicada, ademais das dúas escolas, a Facultade de Xeografía e Historia da USC. “Este grao permite formar profesionais que o que decidan vai perdurar no tempo”, sinalou a profesora coruñesa.

Este título porque conta cunha formación técnica que non teñen outros ao estar incluído na área de coñecemento de Arquitectura. Abriranse 50 prazas e os estudantes poderán matricularse indistintamente nas universidades da Coruña ou de Santiago de Compostela.Os futuros alumnos deste título terán á súa disposición o coñemento de tres centros de dúas universidades, que fará que os titulados cubran unha carencia profesional da que non existía formación en España.

Máis información: http://paisaxe.udc.es/

Niki Frantzeskaki

O vindeiro  mércores 30 de maio, a partires das 10:00 da mañana, a Universidade da Coruña organiza unha nova actividade dentro do ciclo de conferencias de presentación do Campus da Sustentabilidade . Nesta ocasión contaremos coa presenza da Dra  Niki Frantzeskaki que impartirá a conferencia titulada “Acelerar as transicións urbanas cara á sustentabilidade a través dunha gobernanza innovadora”. 
A conferencia terá lugar  partir das 10:00 horas na sala do Consello de Goberno da UDC, no edificio da Maestranza (planta 1).
A dra. Niki Frantzeskaki  é profesora asociada en Procesos de Gobernanza de Transición Sustentable no Instituto de investigación en Transicións – DRIFT, da Facultade de Ciencias Sociais da Erasmus University Rotterdam. Frantzeskaki coordina proxectos de investigación no ámbito da gobernanza ambiental ou na transición urbana sustentable. Lidera e forma parte de numerosos proxectos de investigación europea entre os que se atopan Arts, Connecting Nature, Impressions, Gust, Gate, Resilient Europe e Enable. Publicou varios libros de referencia no ámbito das transicións urbanas, en editoriais como Routledge, Cambridge University Press e Springer Nature. Tamén ten publicado numerosos artigos en revistas científicas e coordinou doce edicións especiais. Participou como líder experta na Plataforma de coprodución de innovación Unión Europea–Brasil.
Frantzeskaki  será presentada pola dra. Adina Dumitru, directora do Campus da Sustentabilidade e investigadora do Grupo Persona-Ambiente. A ponencia de Frantzeskaki está moi relacionada con las líneas de investigación del grupo persona-ambiente y coa  temática do Simposio Europeo Transforming Cities 18 que este grupo organizou en maio de 2018 na Coruña, no marco do proxecto Connecting Nature.
Más información sobre o ciclo de conferencias AQUI 

Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente