Conferencia de Niki Frantzeskaki: “Acelerar as transicións urbanas cara á sustentabilidade a través dunha gobernanza innovadora”, 30 de maio, 10:00.


Niki Frantzeskaki
O vindeiro  mércores 30 de maio, a partires das 10:00 da mañá, a Universidade da Coruña organiza unha nova actividade dentro do ciclo de conferencias de presentación do Campus da Sustentabilidade. Nesta ocasión contaremos coa presenza da Dra  Niki Frantzeskaki que impartirá a conferencia titulada “Acelerar as transicións urbanas cara á sustentabilidade a través dunha gobernanza innovadora”. 
A conferencia terá lugar  partir das 10:00 horas na sala do Consello de Goberno da UDC, no edificio da Maestranza (planta 1).
A dra. Niki Frantzeskaki  é profesora asociada en Procesos de Gobernanza de Transición Sustentable no Instituto de investigación en Transicións – DRIFT, da Facultade de Ciencias Sociais da Erasmus University Rotterdam. Frantzeskaki coordina proxectos de investigación no ámbito da gobernanza ambiental ou na transición urbana sustentable. Lidera e forma parte de numerosos proxectos de investigación europea entre os que se atopan Arts, Connecting Nature, Impressions, Gust, Gate, Resilient Europe e Enable. Publicou varios libros de referencia no ámbito das transicións urbanas, en editoriais como Routledge, Cambridge University Press e Springer Nature. Tamén ten publicado numerosos artigos en revistas científicas e coordinou doce edicións especiais. Participou como líder experta na Plataforma de coprodución de innovación Unión Europea–Brasil.
Frantzeskaki  será presentada pola dra. Adina Dumitru, directora do Campus da Sustentabilidade e investigadora do Grupo Persona-Ambiente. A ponencia de Frantzeskaki está moi relacionada con las líneas de investigación del grupo persona-ambiente y coa  temática do Simposio Europeo Transforming Cities 18 que este grupo organizou en maio de 2018 na Coruña, no marco do proxecto Connecting Nature.
Más información sobre o ciclo de conferencias AQUI 

Copyright 2012 © People-Environment Research Group