A semana pasada Xaquín Pérez-Sindín, Profesor na Facultade de Economía da Gdańsk University of Technology, Polonia, e membro do Grupo de Investigación Persoa Ambiente participou nas conferencias anuais da Asociación Internacional de Minaría e Auga, International Mining and Water Association (IMWA) http://www.imwa2016.com/ e que este ano levaba por título Mining meets water: conflicts and solutions.

IMWA é unha organización composta por máis de 600 membros cuxo interese céntrase nas augas de mina e problemas de drenaxe de minas; onde teñen cabida multitude de disciplinas, na súa maioría científico-naturais e de enxeñería.A organización está abrindo novas vías de coñecemento, incluindo as relativas ás ciencias sociais.

Leer más»

Emma López Bahut, Profesora del Departamento de Proyectos Arquitectónicos y Urbanismo de la Universidade da Coruña y miembro del Grupo de Investigación Persona Ambiente presenta
a presentar su libro “Jorge Oteiza y lo arquitectónico. de la estatua-masa al espacio urbano (1948-1960).

Será el miércoles 13 de julio a las 20h. en la Fundación Luis Seoane, dentro de un ciclo titulado: “Proxectos a contracorriente”.

Contamos con vuestra participación!

 

Se Ricardo García Mira e Adina Dumitru interviñeron en multitude de sesións avanzando resultados dos dous proxectos de investigación europeos GLAMURS e TRANSIT que desenvolve o Grupo na actualidade, outros investigadores e investigadoras do Grupo achegáronse a Lund tamén para presentar traballo dende a multitude de disciplinas que abrangue o mesmo.

Por un lado, Amparo Casares Gallego e Emma López-Bahut participaron nas sesións máis ligadas á arquitectura e presentaron unha ponencia sobre:”Environmental design keys for the future” e “Another way of dwelling is possible: Socially, economically and environmentally sustainable urban collective
housing”. Outra arquitecta vencellada ao Grupo, Ana Gallego Palacios, aproveitou a ocasión e presentou á audiencia parte do seu traballo de tese doutoral, a través dunha intervención con título: “Architecture of the vine in the region of Entre-Douro-e-Minho phenomenology and landscape”.

En segundo termo, Isabel Lema, investigadora do Grupo, presentou por unha banda as achegas que dende TRANSIT se veñen facendo sobre a innovación social e os procesos de aprendizaxe social cunha presentación titulada: “Social innovation in sustainable transitions. The role of social learning and empowerment in grassroots social innovations” e por outra avanzou resultados da súa tese doutoral na ponencia “The role of grassroots innovations in promoting local sustainable consumption. Motivations, values and learning
outcomes within the “Galician network of conscious and responsible consumption”.

Terceira, Amelia Fraga, investigadora e técnica de calidade na Universidade da Coruña explicou parcialmente o seu traballo de tese doutoral sobre os traballadores a turnos nunha intervención que nomeou:”Work environment design”.

En último termo,

Vicente López Chao, doutorando e arquitecto, presentou avances no seu tema de tese, que analiza a influenza do deseño do espazonos procesos de ensino-aprendizaxe

.

Leer más»

O Grupo de Investigación Persoa-Ambiente organiza -no marco do proxecto europeo TRANSIT (http://www.transitsocialinnovation.eu)- o seminario internacional “Motivacións, relacións e transformacións: O papel da aprendizaxe social na axencia individual e colectiva para a innovación social”.

 O seminario terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación (Salón de Graos, andar 1) da Universidade da Coruña (Campus de Elviña), os días 8 e 9 de Xuño de 2016 e nel participarán una trintena de investigadores e activistas expertos en procesos de innovación social transformadora.

Descarga o programa aquí:TRANSIT_3IW_ACoruna2016_V7 (1)

Leer más»

Apoiando os estilos de vida sustentables en Galicia.

Como podemos espallar estilos de vida e iniciativas que contribúan a reducir a pegada de carbono do noso territorio? Como facemos que os casos de sustentabilidade a nivel local se expandan a un nivel rexional e incluso supra-rexional? Estes son algúns dos interrogantes aos que o proxecto de investigación GLAMURS (acrónimo en inglés para Green Lifestyles, Alternative Models and Upscaling Regional Sustainability ) tenta dar resposta no seu periodo de vida, entre 2014 e 2017. O Proxecto FP7 está coordinado polo Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña e nel participan outros 10 centros de investigación e Universidades Europeas dentro da Estratexia da Comisión Europea contra o Cambio Climático e para a Economía Verde.

Un obradoiro participativo que contou co beneplácito de numerosas institucións públicas.

Neste marco a pasada fin de semana a Deputación da Coruña e o Grupo de Investigación Persoa-Ambiente organizaron no Pazo de Mariñán, en Bergondo, o Segundo Obradoiro para a Construción Retrospectiva de Escenarios de Futuro Sustentables de Galicia. O acto foi inaugurado polo Reitor da Universidade da Coruña, D. Julio Abalde Alonso, o Deputado Provincial D.Juan Penabad Muras, a Concelleira de Medio Ambiente da Coruña, Dna María García Gómez, o Deputado e Voceiro da Comisión contra o Cambio Climático no Parlamento de España, D. Ricardo García Mira e a Coordinadora do Proxecto Glamurs, Dna. Adina Dumitru.

Un grupo diverso de expertos e expertas en sustentabilidade de Galicia.

Como participantes contamos coa presenza dunha trintena de persoas provintes de toda Galicia vencelladas a asociacións ecoloxistas como ADEGA (Lugo) ou Fragas do Mandeo (Betanzos), Grupos de Consumo Responsable como Zocamiñoca (A Coruña) ou Carabuñas (Allariz), Técnicos de Medioambiente e Desenvolvemento Rural, Centros e Escolas de Educación Ambiental como a Granxa Barreiros (Sarria), Colectivos de Cultura Libre como Galiza Imaxinaria(Nigrán), Investigadores das tres Universidades Galegas, Persoal do Instituto de Estudos do Territorio (Santiago de Compostela) e a Delegación de Medioambiente da Xunta de Galicia en Ourense ou a Asociación decrecentista Véspera de Nada entre outros.

Inventariando problemas e propoñendo solucións para acadar a sustentabilidade futura en Galicia.

O obxectivo deste segundo obradoiro foi afondar nas visións de futuro que se comezaran a elaborar en Decembro do ano pasado, buscando desta vez chegar a facer

un inventario de problemas e solucións a nivel rexional, asi como propostas a implementar que permitirían que ese escenario desexado de futuro puidera ser factible na Galicia de dentro de 25 anos.

Tres rutas distintas cara a sustentabilidade: ecoeficiencia, suficiencia, crecemento ancorado socialmente

Tres identificáronse como as principais estratexias para que Galicia poda ser sustentable e reducir a súa pegada de carbono sustantivamente no ano 2040: a ecoeficiencia, a suficiencia e o crecemento ancorado socialmente. Segundo a primeira, Galicia sería no 2040 máis sustentable polo enverdecemento das tecnoloxías e o consumo (sectores renovables e consumo de proximidade, ecolóxico), o aumento da reciclaxe e reutilización de bens e materiais. Na visión da suficiencia, o noso territorio reduciría a súa pegada de carbono principalmente por un descenso nos niveis de consumo e demanda agregada. No crecemento ancorado socialmente, habería tamén un descenso da pegada de carbono da sociedade froito da caída dos niveis de demanda e consumo agregado pero a calidade de vida das persoas dependería xa de pequenas comunidades nas que se organizaría a vida cotiá e dentro das cales se redistribuirían os recursos.

Leer más»

Se alguén lles preguntase como imaxinan Galicia no ano 2040, por onde empezarían? Seríalles doado contestar? Se paran a pensalo e botan man dalgunhas das proxeccións a futuro do INE ou IGE ás que maior difusión se lle ten dado, é fácil que lles veñan á mente ideas como a perda de poboación, abandono do rural, envellecemento ou concentración no Eixo Atlántico. Os datos amosan que a demográfica é unha das crises ás que maior atención teremos que prestar como sociedade antes de espertar no 2040 e darlle paso á seguinte xeración. A pregunta que sería lóxico facerse a continuación é: e como facemos fronte a esa anunciada catástrofe que se nos vén encima? cales son os medios dos que dispoñemos e quen debería ter a responsabilidade de buscar solucións? O goberno central, a Xunta, a sociedade civil, a Unión Europea?

Dentro desta lóxica de exploración prospectiva  é onde se enmarca o primeiro dos Obradoiros de Xeración de Visións de Futuro que tivo lugar o Sábado día 12 de Decembro na Fundación Luís Seoane da Coruña como parte do Proxecto Europeo GLAMURS, que estuda estilos de vida sustentables e as posibilidades de xeneralización dun modelo de economía verde na Unión Europea e no que participan 11 centros de investigación europeos, baixo a coordinación do Grupo de Investigación Persoa Ambiente da Universidade da Coruña .

Leer más»

Sentímolo, o contido desta noticia está só dispoñible en inglés polo de agora.

Sentímolo, o contido desta noticia está só dispoñible en inglés polo de agora.

 

 

“Somos unha cooperativa porque o decidimos”; “Nesta cooperativa proxectamos todos os nosos desexos”, ou “a necesidade é aquelo que se interpón entre a vida e a satisfacción” son algunhas das frases que se escoitaron nas Xornadas de Cooperativismo e Autoxestión que a Cooperativa de Consumo  Responsable Zocamiñoca organizou o pasado sábado 17 de Outubro e a que asistimos Alberto Díaz Ayude e Helena Martínez, como parte do Grupo Persoa Ambiente.

O evento reuniu, ademais de membros de Zocamiñoca, http://www.zocaminhoca.org/, radicada na Coruña,  dúas iniciativas máis doutros puntos do Estado: L’Aixada, http://aixada.org/;grupo de consumo crítico que ten a súa base no barrio de Gràcia de Barcelona e La Garbancita Ecológica,http://www.lagarbancitaecologica.org/ cooperativa que desenvolve a súa actividade en Madrid dende o ano 1997.

Malia ser proxectos de dimensións e traxectorias moi diferentes,  o obxectivo da xornada foi o intercambio de experiencias e coñecementos entre as iniciativas como sistema de apoio mútuo. Varios dos retos plantexados durante os debates  resultaron comúns ás tres:  acadar unha mellor participación interna nos grupos de traballo e ser quen de adaptarse o propio crecemento sen desvencellarse dos principios fundacionais.

O aumento no número de cooperativas e grupos de consumo é un feito palpable en numerosas cidades e puntos da xeografía galega que fala da receptividade social que existe ante estas propostas, estreitamente vencelladas a saúde humana pero que respostan tamén a un desexo de cambio do sistema alimentario e da brecha rural-urbano. A novidade destas  reside ademais en que por primeira vez buscan unha transformación dende o lado do consumo, fronte aos cambios que históricamente véñense facendo desde o lado da produción. Segundo palabras da representante de L’Aixada, trátase de “facer prácticas de cidadanía dende o consumo, malia o paradoxo que isto poda supoñer dado que o consumo é un feito puramente individual”.

Dende comer mellor e ter acceso a produtos locais, este tipo de iniciativas buscan  fuxir do reducido papel que as sociedades modernas reservan para o consumidor e construir relacións de confianza cos agricultores e agricultoras, que participan tamén dos órganos de decisión das iniciativas. Para facelo, apostan por estructuras internas participativas e transparentes, o reparto rotatorio da meirande parte das responsabilidades e pola profesionalización doutras, as que “fan que a engranaxe funcione”.

E todo isto fano segundo din, para construir hexemonía e porque “non pode haber agroecoloxía sen consumo responsable que se ocupe de coidala e mimala”.

Con esta afirmación iniciaba Ricardo García Mira, profesor de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña e presidente de IAPS (International Association for People-environment Studies), a súa intervención na mesa redonda sobre o papel da educación ambiental na xestión dos residuos urbanos e que se enmarcou no curso promovido pola UIMP e desenvolvido en Ourense. Así, o pasado 3 de xullo Ricardo García Mira, aportando o seu coñecemento e experiencia na materia.No transcurso do seu relatorio, fixo especial fincapé na capacitación ambiental como clave para a promoción de condutas ecolóxicas responsables, potenciando e desenvolvendo habilidades para formar a cidadáns críticos e capaces de analizar os problemas.

Así mesmo, fixo especial mención de dous proxectos europeos de relevancia: LOCAW, que ten por obxecto identificar barreiras e potenciadores de conduta sostible no ámbito laboral; e GLAMURS, que indaga nos condicionantes que inflúen nas transicións cara a estilos de vida sostibles e transformacións cara a unha economía verde.

Leer más»

(O texto está dispoñible só en inglés)

TRANSIT (TRANsformative Social Innovation Theory) is developing a theory of transformative social innovation: a process through which social innovation contributes to transformative change. After the first phase of in-depth empirical work has now come to its end, TRANSIT shares its first materials. Over the past year, TRANSIT researchers have interacted with and studied 12 transnational networks – for each network they focused on the network level as well as on 2-3 local manifestations.

Photo by Pedro Larios Garcia (IHS)

‘Constant comparison’ between emergent theory and data required.

The case study reports and synthesis report that are now publicly available on the website form part of the overall iterative set-up of the project in which a ‘constant comparison’ between emergent theory and data is required and will take up to the end of 2017.

Networks engaging in many dimensions of social innovation.

The first results suggest that the social innovations that the networks engage in are broad and cover examples of all the dimensions of social innovation mentioned in our working-definition of ‘social innovation’: new social practices, new ideas, new models, new rules, new social relations and new products. Most of the social innovations are combined innovations, for example combining a practice and idea (i.e. design thinking) and applies it to other kinds of questions (i.e. societal challenges).

Many cases are offering a physical place in which social innovation can take place, i.e. where new social relations and practices can be experimented with or created. The provision of these physical places and/or mental spaces constitutes itself a social innovation and is referred to as incubation, ecosystem for innovation, or lab. Within these spaces/places, social innovation by others can take place, such as networks facilitating co-working spaces where start-ups might be working on innovative solutions. Only a small number of networks explicitly relate to the term social innovation. In other cases there is scepticism and resistance towards the term “social innovation”.

Leer más»

Así o manifestou en Radio Líder Galicia, Ricardo García Mira, Doutor en Psicoloxía e Profesor de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña.

Malia que a sociedade parece estar moi concienciada, o certo é que o deterioro ambiental continúa a ser progresivo, de aí que haxa que ir máis aló do coñecemento e avanzar no ámbito das condutas.

Non obstante, subliñou que tamén é necesario traballar con economistas (micro e macro) para definir os modelos aos que debemos aspirar, cara a que sociedade debemos avanzar e como debemos cambiar o noso estilo de vida para que a economía non afecte ao sistema de benestar.

Referiuse ao carácter transversal do medio ambiente, aludindo a que a educación ambiental non pode limitarse a ser unha disciplina illada, senón que debe situarse nun contexto máis amplo, traballándose a nivel de competencias.

En canto á incursión da innovación social no campo do medio ambiente, aludiu a esta como unha vía para “establecer novas formas de relacións humanas”.

Cerceda, a 9 de xullo 2015.- En declaracións a Radio Líder Galicia, Ricardo García Mira, Doutor en Psicoloxía e Profesor de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña desde 1995, onde é Coordinador do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente, manifestou que a educación ambiental é unha dimensión importante da educación en xeral, engadindo que os comportamentos máis relevantes, proambientalistas e máis responsables, teñen que ver coa conduta humana e co desenvolvemento de programas de cambio, non só de sensibilización.

É por iso que entende que hai que ir máis aló da transmisión de coñecemento porque, malia que a sociedade parece estar moi concienciada, o deterioro ambiental continúa a ser progresivo. “A xente móstrase cada vez máis ambientalista; non obstante, cando analizamos conduta a conduta, parece disposta a cambiar unhas, pero non outras, que están moduladas por dilemas e circunstancias que fan que o comportamento non sexa todo o responsable que debera”. E como exemplo puxo a cantidade de tempo no que utilizamos o coche particular para desprazarnos dun lugar a outro. Hai avances na materia (automóbiles eléctricos, transporte colectivo, etc), pero conviven coa tendencia a manter o maior número de coches e de maior cilindrada.

ECONOMÍA VERDE

García Mira trasladou igualmente que, en España, os estilos de vida non son moi diferentes dos asentados noutros países de Europa, tendo estes un impacto moi importante en termos de pegada ecolóxica, polo que se fai necesario introducir programas que consideren a intervención de educadores e psicólogos ambientais capaces de introducir as pautas cara a cambios de conduta máis responsables. Non obstante, subliñou que tamén é necesario traballar con economistas (micro e macro) para definir os modelos aos que debemos aspirar, cara a que sociedade debemos avanzar e como debemos cambiar o noso estilo de vida para que a economía non afecte ao sistema de benestar.

En Europa está hoxe en auxe a “economía verde”, unha firme aposta da Unión Europea que intenta manter o crecemento, pero producindo dunha forma máis responsable e con menos impacto. A xuízo do representante da UDC, aínda ten moitas lagoas porque “significa que as empresas deben aumentar os seus custos en control de produción e isto implica máis investimentos, ademais regular a dimensión de negocio do ciclo vital dun produto”.

Así mesmo, precisou que “do mesmo xeito que se impulsa desde a UE a economía feroz, tamén se están promovendo programas para estilos de vida sostibles”, ao que engadiu que, se ben se están aportando máis de 80.000 millóns de euros ao programa de investigación e desenvolvemento para temas ambientais, a realidade é que seguimos con programas e dinámicas tendentes a manter compañías contaminantes que inducen ao consumo desenfrenado de produtos”, o que leva a pensar que “a economía verde non acaba de ser tan verde”.

A TRANSVERSALIDADE DO MEDIO AMBIENTE

Mira referiuse ao carácter transversal do medio ambiente, aludindo a que a educación ambiental non pode limitarse a ser unha disciplina illada, senón que debe situarse nun contexto máis amplo, traballándose no ámbito das competencias. “A escola é unha parte do medio ambiente, pero ten que abrirse ás familias para visualizarse como un axente activo”, precisou, á vez que afirmou que a auténtica transmisión de valores adóptanse a través de plataformas que complementen as escolas coas familias e entidades que toman decisións.

Asegurou que o cidadán non está disposto a pagar por coidar o medio ambiente, pero faise necesario que todo aquel que contamine, pague en consecuencia e, ademais, se someta a procesos educativos.

En canto á innovación social, referiuse á mesma como un concepto relativamente novo que intenta introducir unha nova forma de conectar as políticas coa cidadanía. “Estamos intentando facer unha teoría da innovación social que permita identificar os factores de cambio cara a novos contextos nos que a cidadanía poida desenvolver mellor os seus estilos de vida”.

Trátase, concluíu, de “establecer novas formas de relacións humanas”.

O CAMBIO CLIMÁTICO, UNHA REALIDADE

O informe do Panel Internacional do Cambio Climático, escrito por 260 científicos de 30 países, baseado en 9.200 publicacións científicas e revisado por máis de 1.000 expertos independentes que emitiron máis de 54.000 comentarios, é un documento que rende contas ante 110 gobernos e está soportado pola ciencia. “O 95 por cento dos expertos conclúen que os seres humanos son os responsables do cambio climático”.

Recoñeceu as dificultades existentes para conectar a investigación coa política ambiental porque, en realidade, “non se ensina aos investigadores a conectar cos políticos ambientais”. Aposta firmemente por tender pontes.

Para descargar o MP3 da entrevista, prema aquí.

Remata a tarde do 3 de Marzo coa clausura da xuntanza internacional “Dialogues on Theoretical Development and Modeling towards Sustainability” na Universidade da Coruña. A reunión, que durou dous días, reuníu na Coruña unha treintena de expertos europeos en materia de sustentabilidade. Dende diferentes ramas das Ciencias Sociais como a Economía e a Psicoloxía pero tamén dende a Enxeñería Informática ou a Ecoloxía Industrial, achegáronse posturas para seguir traballando no proxecto europeo GLAMURS, coordinado polo Profesor García Mira e que rematará en 2016.

Na sesión do día 3 debateuse sobre como integrar o traballo desenvolto polos diferentes equipos das 11 Universidades Europeas que participan no Consorcio de Glamurs, baixo o patrocinio do Programa Horizonte 2020 da Comisión Europea. En concreto traballouse no deseño dunha enquisa internacional, un modelado de futuro baseado en axentes e a análise econométrica, ferramentas que se desenvolveran nas seguintes etapas do proxecto. Tamén estas, ofrecerán as chaves para entender os estilos de vida sostibles xa presentes nas rexións nas que se centra Glamurs e como sería posible espallalas no continente europeo.

En concreto e ao longo do proxecto, afondarase no coñecemento de sete rexións e iniciativas punteiras na transición cara os estilos de vida sostibles en Europa. Entre estas lístanse os casos de Aberdeen e as iniciativas para reducir a dependencia do petróleo en Escocia, o cooperativismo en enerxías limpas na zona central de Alemaña, as ecoaldeas presentes en Timis (Romanía), as iniciativas agroecolóxicas e de construción sostible da zona do Danubio -bosque de Bohemia en Austria, as propostas de transición nos arredores de Rotterdam e a zona de Lazio en Italia. Pola súa parte, o Grupo de Investigación Persona-Ambiente, dirixido por García Mira, centrarase no estudo de iniciativas galegas que traballan na área de alimentación,consumo e produción de roupa sostibles.

Ademáis dos investigadores que desenvolven o seu traballo na institución coruñesa, as sesións de debate teórico deste obradoiro internacional contaron coa participación de expertos investigadores das seguintes universidades e centros de investigación: University of Bath (Reino Unido), James Hutton Institute (Escocia, Reino Unido), University of Roma Tre (Italia), Norwegian University of Science and Technology (Noruega), e a Universidad de La Laguna .

O día 2 de Marzo tivo lugar na Universidade da Coruña a primeira das sesións da xuntanza internacional “Dialogues on Theoretical Development and Modeling towards Sustainability”. Esta xuntanza ten como obxectivo consensuar as bases teóricas e variables que serán consideradas durante o desenvolvemento doproxecto europeo GLAMURS dende disciplinas como a psicoloxía, economía, ciencias políticas e enxeñería informática especializada en modelaxe e intelixencia artificial. Precisamente esta última disciplina centrará os debates de hoxe e mañá e buscarase avanzar na construción de modelos futuros sobre como poderían darse os cambios cara a estilos de vida con menor impacto ambiental en Europa.

O proxecto de investigación GLAMURS, que comezou en Xaneiro de 2014 e que rematará en 2016, está coordinado desde a UDC, polo Prof. Dr Ricardo García Mira e conta coa participación de 11 universidades europeas especializadas en temáticas ambientais e actúan baixo o patrocinio do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea, ún dos máis prestixiosos a nivel internacional.

Ademáis, dos investigadores que desenvolven o seu traballo na institución coruñesa, as sesións de debate teórico deste obradoiro internacional contaron neste caso coa participación de expertos investigadores das seguintes universidades e centros de investigación: University of Bath (UK), James Hutton Institute (Scotland, UK), University of Roma Tre (Italy), Norwegian University of Science and Technology (Norway), e a Universidad de La Laguna .


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente