Emma Velo Castro


Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade Audiovisuais con Mestría en Marketing e Comunicación pola Universidade Camilo José Cela de Madrid, posgraos en Comunicación e Información Política e Comunicación e Información Medioambiental. Profesora de Comunicación Escrita e Habilidades Comunicativas no Centro de Estudos Universitarios de Galicia (CESUGA). Estudante de doutorado no programa de Psicoloxía do Desenvolvemento, Aprendizaxe e Saúde da Universidade da Coruña.

O meu interese de investigación céntrase na psicoloxía social de consumo e a súa relación co ambiente e a comunicación, así como na liña de investigación da psicoloxía da saúde asociada a patróns de consumo contaminantes e a súa relación coa comunicación persuasiva. A miña tese doutoral estuda a psicoloxía da saúde do consumo de roupa sostible nas tendas de moda rápida e realiza unha proposta de intervención comunicativa para favoreceres o coñecemento sobre o consumo saudable de roupa.

E-mail: e.velo.castro@udc.es

Redes Sociais

LinkedIn: https://www.linkedin.com/in/emmavelo/

ORCID iD: https://orcid.org/0000-0003-0939-1442

Publicacións

Velo, E., & Tomé Urresti, I. (2022). El baile de cifras de las personas fallecidas por la Covid-19 en medios regionales y en las instituciones: hacia un protocolo comunicativo. Razón Y Palabra, 25(112), 153–168. https://doi.org/10.26807/rp.v25i112.1838

Velo, E (2022). La Nueva Economía Social en la Era de la Responsabilidad. 145-165 en Política, sociedad y tecnologías. Rúas Araújo, J., López-López, P. C. y Puentes Rivera, I. (Eds.). Tirant lo Blanch.


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente