José Gabriel Vázquez Fernández


Sociólogo, coas especialidades de Socioloxía Xeral e Psicoloxía Social, pola Universidade Pontificia de Salamanca (1987).

Doutor en Socioloxía pola Universidade da Coruña (2006), defendendo a tese de doutoramento sobre “as imaxes conformantes da realidade social”.

Profesor Contratado Doutor da Universidade da Coruña , desde 2012, impartindo materias de Política, Estrutura e Educación Sociais, sendo anteriormente Profesor Asociado da Universidade de Vigo (1994-1997) e A Coruña ( 1998-2011). Impartindo tamén en Master e Cursos de Post-Grao de varias Universidades , ademais de co-dirixir o de Marketing Social (UDC).

O meu ensino foi compaxinado co traballo profesional no campo da investigación social, sendo Director do Instituto Sondaxe dende a súa creación a finais de 1991 ata principios de 2011; traballando anteriormente como Sociólogo no Servizo de Fomento Cooperativo da Xunta de Galicia (1989-1991) e no Servizo de Avaliación e Organización do Persoal do Ente Público da Radio Televisión Española (1988). Ao mesmo tempo, de 1996 a 1999, fun Delegado en Galicia da Asociación Española de Estudos de Mercado , Marketing e Opinión (AEDEMO). Dirixín máis de mil estudos e investigacións sociais, de carácter principalmente demoscópico , tanto a nivel rexional, nacional ou internacional, moitos con ampla difusión nos medios de comunicación (barómetros, sondaxes electorais, enquisas de opinión, etc.). Autor dunha media ducia de libros sobre a realidade social e co- autor doutras tantas obras, nalgunhas tamén como coordinador, entre as miñas publicacións se atopan tamén artigos en revistas especializadas e en prensa.

Teño dado moitas charlas, conferencias e seminarios en varios congresos, foros e obradoiros, tanto de carácter académico, empresarial ou institucional, participando tamén en varios encontros internacionais. Así, podemos dicir que, ademais da miña faceta docente, teño un perfil de Consultor ou Especialista Social, acompañado por experiencias como emprendedor de varias aplicacións sociolóxicas (comunicación , redes sociais, app’s , etc. ). Aínda que, en xeral, me considero un contribuínte para a análise da realidade social, nas súas múltiples formas de expresión , sendo o meu proxecto vital neste ámbito o estudo e difusión do coñecemento integral do ser humano.

Referencias:

  • Vázquez, X. G. (2011): Definición de imagen de la realidad social. Madrid; Editorial Académica Española.
  • Vázquez, X. G. (2011): Las imágenes conformantes de la realidad social. Madrid; Editorial Académica Española.
  • Vázquez, X. G. (2011): Perfil y Tipologías sociales en Galicia. Madrid; Editorial Académica Española.
  • Vázquez, X. G. (2009): Análise da sociedade galega. León; Editorial Orbigraf.
  • Vázquez, X. G. (Coord.) (2005, 2006, 2007, 2008 y 2009): Atlas Socioeconómico de Galicia. Vigo; Edita Caixanova.
  • Certificado de la Consultora “Dun & Bradstreet España”, incluyendo al Instituto Sondaxe en el “Prestige Ratting Book” y reconociéndolo como una de las mejores empresas españolas del año 2001.
  • Pioneros en Europa en la publicación en un medio de comunicación de un Tracking Electoral.
  • Dirección y coordinación del mayor trabajo de campo realizado en España, con un millón y medio de formularios para la tarjeta sanitaria en Galicia.
  • Dirección del trabajo de campo en varios idiomas para la primera gran regularización de la inmigración en España.

Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente