- /// Encontro internacional sobre estratexias ante as ameazas do clima e os conflitos
- /// Reunión internacional sobre ESTRATEXIAS PARA MITIGAR AS AMEAZAS E RISCOS SANITARIOS INDUCIDOS POLO CLIMA
- /// O Grupo de Investigación Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña (España) propón unha ventá única dixital
- /// Cursos UIMP - Transición enerxética: avances na investigación sobre os aspectos sociais da transición cara a enerx...
- /// EFPSA2019 Proceedings- Humans in their surrounding world
INVIR_Innovación en vivienda de reasentamiento
Investigadoras principais: Cristina García Fontán e Patricia Muñiz Núñez
Outros investigadores: Ricardo García Mira, Acacia Naves García-Rendueles, Ana García Juanatey, Betsaida Curto Reyes, Jaime Adab Pellejero, Luis Eugénio Da Silva Lage, Juana Sánchez Gómez, Carmen Mendoza Arroyo.
Outras entidades participantes: Fundación Ayuda en Acción e Asociación HABITAMOS
Entidade financiadora: Xunta de Galicia
Ano de concesión: 2023
Duración: Setembro 2023 – Novembro 2024
Mozambique é un territorio susceptible de ser golpeado por secas, ciclóns e inundacións. Pero ademais, no noreoeste da provincia de Cabo Delgado actúa a insurxencia terrorista de naturaleza yihadista dende outubro de 2017, o que provocou case 1.000.000 de desprazamentos internos.
Tras un primeiro proxecto no que se analizaron as necesidades da poboación desprazada e deuse solución a unha vivenda de transición para as mesmas; preténdese co proxecto INVIR o deseño dun plan de resposta diferenciado e innovador e unha metodoloxía de construción de vivenda de reasentamiento ou retorno.
Para iso establécese desde un inicio unha colaboración con Ayuda en Acción, que traballa en Mozambique desde 1997, centrando os seus esforzos nos últimos anos na emerxencia humanitaria en Cabo Delgado. Debido á prolongación da crise e a diversidade e complexidade de contextos dentro da poboación afectada, atopamos diferentes tipos de resposta; desde a asistencia humanitaria de emerxencia con respostas rápidas e temporais, ata solucións duradeiras de maior orzamento.
A situación de crise viuse agravada en 2019 polo Ciclón Kenneth que golpeou duramente a zona norte de Mozambique, e posteriormente por unha escalada significativa dos ataques perpetrados nos distritos do norte da provincia de Cabo Delgado con desprazamentos posteriores cara ao sur da provincia e, en menor medida, ao resto do país. Tras 5 anos, a crise de desprazados afecta practicamente a todos os distritos de Cabo Delgado e norte de Nampula, con movementos continuos de persoas que involucran a gran número de comunidades receptoras que xa se consideraban altamente vulnerables na etapa previa ao conflito. A prolongación da crise está a xerar un impacto moi grande sobre a poboación e aumentando a presión e sobre explotación dos recursos naturais utilizados na rexión. Isto esixe a implementación de novos modelos máis sostibles e adaptados ao contexto que poidan dar resposta ás necesidades da poboación.
Esta investigación ten como obxectivo analizar as necesidades dos distintos grupos de poboación (IDPs, familias acolledoras familias en situacións de vulnerabilidade, persoas anciás, persoas con diversidade funcional…) e xerar solucións diferenciadas, adaptadas e integrais en materia de vivenda, incluíndo aspectos transversais como o acceso á auga e saneamento, protección e medios de vida a nivel do fogar. Búscase o desenvolvemento dunha solución innovadora de asentamento que resolva non só o problema habitacional, senón que facilite o retorno das persoas desprazadas a unha progresiva normalidade, potenciando a súa autonomía, a súa recuperación física e mental e afastándoos das situacións máis insalubres e vulnerables.