Central_térmica_As_Pontes_Gª_Rodriguez,_Galicia_(Spain)

Central_térmica_As_Pontes

O proxecto leva por título “ENergyTRANsitions from Coal and carbon: Effects on Societies (ENTRANCES)” e analizará as transicións enerxéticas dende as zonas de carbón e as rexións intensivas de carbono e os seus impactos sobre a sociedade.

Un total de quince zonas de minería de carbón e rexións intensivas de emisión de carbono, entre elas As Pontes (A Coruña), serán estudiadas por un consorcio de catorce grupos de investigación europeos liderados polo Catedrático de Psicoloxía Social da Universidade da Coruña Ricardo García Mira

A convocatoria europea responde a un programa específico sobre “Aspectos Sociais da transición cara enerxías limpas”, que financiou o consorcio liderado pola UDC nunha competición frente a outros 18 consorcios europeos.

O proxecto contará cun orzamento financiado pola Comisión Europea de 3.000.000 €, obtidos dentro do prestixioso e altamente competitivo programa Horizonte 2020. O Consorcio ENTRANCES está conformado por catorce grupos de investigación europeos liderados polo Catedrático de Psicología Social Ricardo García Mira, que coordenará desde un equipo local do que forman parte a profesora Pilar García de la Torre e o catedrático Fernando González Laxe.

O obxectivo xeral de ENTRANCES é desenvolver unha mellor comprensión teórica e empírica dos temas transversais relacionados cos factores socio-económicos, socio-técnicos, socio-ecolóxicos, socio-culturais, socio-políticos e socio-psicológicos e de xénero da transición de enerxía limpa en rexións europeas intensivas en carbón e carbono, e ten por obxecto formular un conxunto de recomendacións que permitan abordar os problemas asociados.

Obxectivos específicos do proxecto ENTRANCES:

  1. Producir un coñecemento exhaustivo e detallado sobre os aspectos sociais relacionados coa transición a enerxía limpa, nas 13 regiones intensivas en carbón e carbono involucradas no proxecto con referencia particular a os seus procesos de desterritorialización.
  2. Desenvolver unha mejor comprensión dos problemas diferenciados que afrontan as rexións europeas intensivas en carbón e carbono en transición e as estrategias de afrontamento que teñen desenvolvido,  coa fin de identificar en qué circunstancias poden fomentar tanto o desenvolvemento económico como a cohesión social.
  3. Co-crear un conxunto de recomendacións que reflictan as leccións aprendidas do proxecto, así como as distintas opinións relacionadas coa enerxía das zonas estudadas.
  4. Contribuir a promover unha visión común sobre a implicación social e as oportunidades que proporciona a transición cara enerxías limpas.

Zonas mineiras de carbón a estudar:

D3.1. Silesia Case study Report (IGSMiE PAN, M24)

D3.2. Lusatia Case study Report (IOER, M24)

D3.3. Rhineland Case study Report (IWH, M24)

D3.4. Central Germany Case Study Report (IWH, M24)

D3.5. Jiu Valley Case Study Report (UAIC, M24)

D3.6. Sulcis Iglesiente Case Study Report (K&I, M24)

D3.7. Upper Nitra Case Study Report (CSPS, M24)

D3.8. Coal mining regions data collection (IWH, M21)

Rexións intensivas de carbono

D4.1. Brindisi Case study Report (ENEA, M24)

D4.2. Kraków Metropolitan Area Case study Report (IGSMiE PAN, M24)

D4.3. As Pontes, A Coruña Case study Report (UDC, M24)

D4.4. Upper Styria Case Study Report (ZSI, M24)

D4.5. Stavanger Case Study Report (NTNU, M24)

D4.6. South Wales Case Study Report (CU, M24)

D4.7. Carbon-intensive regions data collection (IGSMiE PAN, M21)


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente