- /// Encuentro internacional sobre estrategias ante las amenazas del clima y los conflictos
- /// Reunión internacional sobre ESTRATEGIAS PARA MITIGAR LAS AMENAZAS Y RIESGOS SANITARIOS INDUCIDOS POR EL CLIMA
- /// El Grupo de Investigación Persona-Ambiente de la Universidad de A Coruña (España) propone una ventanilla única dig...
- /// Cursos UIMP - Transición energética: avances de investigación sobre los aspectos sociales de la transición hacia e...
- /// EFPSA2019 Proceedings- Humans in their surrounding world
Da emerxencia á recuperación. Plan de resposta diferenciada ás necesidades de vivenda transicional na crise humanitaria de Cabo Delgado. Mozambique.
Investigador principal: Patricia Muñiz Núñez
Outros investigadores: Cristina García Fontán, Betsaida Curto Reyes, Cipriano Chas Vázquez, Rei Takazawa García, Juana Sánchez Gómez
Outras entidades participantes: Fundación Ayuda en Acción, Fundación Universidade da Coruña, Asociación HABITAMOS
Entidade financiadora: Deputación da Coruña
Ano de concesión: 2023
Duración: Xaneiro-Decembro 2023
O proxecto INVIR nace dunha colaboración coa Fundación Ayuda en Acción, tras a concesión á mesma, dunha subvención para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito da axuda ao desenvolvemento en 2023.
Este proxecto ten como obxectivo analizar as necesidades dos distintos grupos de poboación desprazada na zona de Cabo Delgado e xerar solucións diferenciadas de vivenda de transición, poñendo especial atención a mulleres e nenas. A vivenda de transición é aquela que vai dende un refuxio de emerxencia ata a consecución dunha vivenda estable e debe de ser entendida non como un produto senón como un proceso para a recuperación das persoas. Trátase dun enfoque baseado no denominado “continuum emerxencia-desenvolvemento”, que asume a concatenación de diferentes fases que van desde o estado de emerxencia, pasando pola rehabilitación ata o desenvolvemento.
Plantéase que o proxecto teña os seguintes aspectos:
- Análises dos sistemas de construción vernaculares de Mozambique e en especial da rexión norte (Cabo Delgado).
- Proposta técnica de vivenda de transición segundo as condicións de temporalidade de cada familia.
- Deseño da metodoloxía de construción considerando a inclusión da comunidade no deseño e proceso construtivo para asegurar a apropiación dos modelos. Priorizaránse as técnicas fáciles de replicar e aprender pola comunidade, o uso de materiais autóctonos e os procesos baseados na man de obra e tecnoloxías locais.
- Elaboración de documentación para que o deseño poida ser replicado.
Entran neste deseño cuestións de habitabilidade, saúde mental e física, seguridade, dereitos humanos, participación comunitaria, equidade, igualade de xénero, inclusión, sustentabilidade económica e ambiental e, ademais, de innovación e tecnoloxía.