Liñas de investigación



Liñas de investigación en materia de psicoloxía, educación, medio e contorno construido

FORMACIÓN

Formación de persoal en materia ambiental. Programación de Educación ambiental no marco de empresas e organizacións en xeral.

MEDIO

O medio no lugar de traballo. A formación de traballadores/as ambientalmente responsables.

EDUCACIÓN AMBIENTAL E DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

Propostas de intervención educativas.

PEGADA ECOLÓXICA E AXENDA 21

Instrumentos para a sustentabilidade na universidade e noutras institucións.

SEGURIDADE

A seguridade no lugar de traballo. Análise psicosocial do risco. Estudo do comportamento que xera risco. A prevención do risco.

CONDUCTA ECOLÓXICA RESPONSABLE

Análise de actitudes e comportamentos ambientais. Modelos preditivos de comportamento ambiental.

ICAP

Elaboración e deseño de índices de calidade ambiental desde a perspectiva do cidadá/usuario (ICAP).

AIS E OPINIÓN PÚBLICA

Avaliación de impacto social (AIS), como subespecialidade da avaliación de impacto ambiental, facendo fincapé na avaliación do impacto de eventos relevantes e emerxencias sobre a poboación (ej. Incendios, desastres…). Estudos xerais da opinión pública en materia ambiental e os seus ámbitos específicos, con especial incidencia no coñecemento e na investigación das representacións sociais de problemas ambientais diversos.

CALIDADE AMBIENTAL

Avaliación da calidade ambiental. Avaliación do contorno sociofísico. De aplicación en barrios, áreas residenciais, servizos, edificios públicos, deseño ambiental de entornos urbanos.

POLÍTICA AMBIENTAL Y PARTICIPACIÓN PÚBLICA

Cooperación entre administracións e centros de Investigación para a elaboración de Axendas 21 e programas de sustentabilidade local. Inclúe asesoramento e deseño de procesos de información e participación pública (Directiva Comunitaria 85/337).

SOCIOCOMUNITARIA

Psicoloxía e educación ambiental desde a perspectiva sociocomunitaria. Desenvolvemento local: O papel dos responsables gobernamentais. O papel da escola. O papel da familia.

VALORES HUMANOS

O estudo dos valores humanos e a súa relación co comportamento humano, con aplicacións no ámbito da educación ambiental e a investigación de modelos explicativos da conduta ambientalista.

ESPAZOS COTIÁNS

Análise de espazos cotiáns (vivendas unifamiliares).

ESPAZOS COLECTIVOS

Análise de espazos colectivos (agrupacións alternativas de vivendas).

A INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN

Avaliación do desastre do “Prestige”. Análise de procesos de información e comunicación durante a xestión do desastre. Análise da relevancia de dimensións como a confianza, vulnerabilidade, a educación e a participación.

REDUCCIÓN CO2

Reducción de emisión de dióxido de carbono no lugar de traballo.

SAÚDE

Representacións da doenza, podoloxía e saúde.

CONSUMO SUSTENTABLE

Estudo da publicidade, marketing, e hábitos de consumo, con especial incidencia no ámbito universitario. Análise de impacto da publicidade e propostas de intervención para reducir o consumo excesivo.

Estilos de vida sostenible y economía verde

O desenvolvemento dunha base teórica e empíricamente fundamentada dos principais obstáculos e perspectivas para as transicións á vida sostible e unha economía verde en Europa, así como o medio máis eficaz para apoiar e acelerar a eles. A investigación neste ámbito tratarán de desenvolver a teoría dos determinantes de estilos de vida sostibles e cambio de hábitos e para o desenvolvemento de modelos e evidencias sobre os obstáculos e as perspectivas para a transformación para economías verdes e estilos vida.

Innovación social

A investigación neste ámbito utiliza un método de investigación que fomenta a retroalimentación de emprendedores sociais e innovadores, responsables políticos e académicos para desenvolver unha teoría pertinente práctico, baseado nas ideas de outras teorías da psicoloxía social, a teoría da transición, a teoría dos movementos sociais e a teoría institucional. Estudamos como a innovación social pode lograr o empoderamiento e a transformación da sociedade.


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente