O Grupo de Investigación persoa Ambiente acolle a Mónica Maldonado, Psicóloga Mexicana nunha estancia de investigación

Desde o pasado día 16 de Maio o Grupo de Investigación Persoa Ambiente acolle á  Psicóloga mexicana Mónica Maldonado, que realizará unha estancia de investigación de 1 mes e medio na Universidade da Coruña baixo o  patrocinio da  Comisión Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (CONACyT) do Goberno de México e da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM).

Durante a súa  presentación, Mónica Maldonado introduciu brevemente os seus intereses de investigación e algíns traballos realizados dentro da área da Psicoloxía Social e Ambiental. Os seus esforzos de investigación céntranse agora en deseñar intervencións dirixidas á etapa de educación infantil en México que axuden a reducir e previr a obesidade. México é o segundo país a nivel mundial con maiores taxas de sobrepeso. Entre as posibles causas disto, Mónica Maldonado apuntaba á elevada presenza de carbohidratos na dieta tradicional mexicana, a extensión de hábitos sedentarios entre a poboación e a carestía dos alimentos frescos no seu país de orixe. Estudos recentes da Organización Mundial da Saúde teñen demostrado que a adopción de hábitos iníciase entre os 3 e 5 anos. Nesta liña, o Programa de Estudos no que se insire o traballo de Mónica Maldonado deseña e está xa aplicando intervencións como as hortas escolares, íntegramente en centros de educación prescolar na área da Cidade de México e que buscan xerar hábitos sostibles desde la escuela.


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente