Jun
15
A arquitecta Cristina García Fontán coordinará o Grao en Paisaxe, único en España, que impartirá a UDC en 2018
Dirixentes das Universidades da Coruña e de Santiago de Compostela presentaron esta semana o novo grado en Paisaxe, coordinado na Coruña pola profesora e membro do Grupo de Investigación Persona-Ambiente, Cristina García Fontán.
García Fontán explicou que este título, aínda que é único no Sistema Universitario Español, ten unha longa tradición noutros países como Portugal ou Francia con denominacións como Arquiectura da Paisaxe ou Paisaxismo, polo que o Grao que ofrecen a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela vén cubrir unha carencia de formación e de profesionais en España así como a establecer unha relación con resto de Europa.
A coordinadora do Grao, que se ofrecerá o vindeiro curso 2018-2019, detallou os contidos do plano de estudos que atende a unha complexidade derivada das competencias formativas que acadarán os titulados que serán de actuacións estéticas, produtivas ou restauradoras. Integra disciplinas como urbanismo, topografía, arquitectura, medio ambiente, botánica, edafoloxía, arte, economía, socioloxía, etc.
O grao terá 240 créditos en catro anos, dos que os dous primeiros impartiranse na EPS de Lugo e os outros dous na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. As prácticas externas serán obrigatorias e, segundo adiantou García Fontán, hai xa unha listaxe de entidades e empresas interesadas en acoller a estes alumnos en prácticas. No desenvolvemento deste título está implicada, ademais das dúas escolas, a Facultade de Xeografía e Historia da USC. “Este grao permite formar profesionais que o que decidan vai perdurar no tempo”, sinalou a profesora coruñesa.
Este título porque conta cunha formación técnica que non teñen outros ao estar incluído na área de coñecemento de Arquitectura. Abriranse 50 prazas e os estudantes poderán matricularse indistintamente nas universidades da Coruña ou de Santiago de Compostela.Os futuros alumnos deste título terán á súa disposición o coñemento de tres centros de dúas universidades, que fará que os titulados cubran unha carencia profesional da que non existía formación en España.
Máis información: http://paisaxe.udc.es/