Marta Álvarez García


Marta Álvarez é Licenciada en Ciencias Políticas e Máster en Negocios Internacionais, traballou no Sector Privado pero tamén para a Administración Pública e o Terceiro Sector.

É experta en xestión de proxectos e de equipos.

Nos últimos anos desenvolveu a súa actividade no ámbito da Cooperación para o Desenvolvemento e a Acción Social.

Publicou no eido da Efectividade da Axuda e participou en estudos sobre colaboracións público-privadas e Responsabilidade Social Empresarial.

Xestionou proxectos do Fondo Social Europeo e do 7PM (LOCAW: “Low Carbon at Work”, coordinado por el Grupo de Investigación Persoa Ambiente da UDC), actualmente é xestora do proxecto GLAMURS -Green Lifestyles, Alternative models and Up-scaling Regional Sustainability- Consorcio de investigadores formado por 11 socios e tamén financiado polo 7PM da Comisión Europea, para o período 2014-2016.


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente