Márcia Teresa Neto Moreno


Licenciada en Ciencias do Ambiente pola Universidade Moderna-Porto e mestra en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Actualmente é alumna de doutoramento na mesma facultade e o seu traballo de investigación céntrase no estudo dos coñecementos, actitudes e comportamentos cara a un ambiente sustentable con base nas competencias atribuídas polo ensino formal e non formal, a través do Proxecto Ríos.

É xestora de proxectos na área ambiental desde hai máis de 12 anos e formadora acreditada polo Consello Científico e Pedagóxico nos dominios “Educación Ambiental”, “Ciencias Ambientais”, “Educación en Saúde” e “Formación e Pedagoxía”. Voluntariamente, forma parte da dirección da Associação Portuguesa de Educação Ambiental e coordina a xestión do Proxecto Ríos, un proxecto de participación pública que actúa en todo o territorio español e portugués.

Forma parte do grupo de investigación desde febreiro de 2010 e, máis recentemente, colabora no proxecto europeo “Low Carbon at Work”.

No ano lectivo 2011-2012 impartió a docencia nas materias Educación para a Saúde e Calidade de Vida e Educación para a Saúde de Crianzas e Mocidade na Escola Superior de Educação de Bragança.

Neste momento é xestora de proxectos para a Ciencia e Tecnoloxía no Centro de Ciencia Viva de Bragança.

 

CV Marcia Teresa Neto Moreno


Copyright 2012 © Grupo de Investigación Persona-Ambiente